CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Exitoso V Festival de Primavera da Coraliña Cantora de Trives

Este concerto, no que participaba como coro convidado a Eskolania Arteon Laudio, tiña lugar na tarde do 18 de maio nun abarrotado Auditorio Julio Vázquez da vila

Cos nenos da Coraliña Cantora e da Eskolania Arteon Laudio cantando e bailando, acompañados por algúns dos seus pais e nais, finalizaba o V Festival de Primavera de voces brancas que enchía de público o Auditorio Julio Vázquez de Trives na tarde do 18 de maio.

O certame, que promove a Coraliña Cantora de Trives, iniciábase coa actuación da formación convidada, a Eskolania Arteon Laudio (de Áraba, Álava), que interpretaba un total de once pezas, entre elas, “Dudabda”, “Doeba”, “Kanbon”, “Atxiketan” ou “Compañeira”.

Deseguido subíanse ao escenario os nenos e nenas da Coraliña Cantora de Trives, dirixida por Sandra González, cun repertorio que comezaba con “Engine engine”, coa peza brasileira “Samba lele”, “Bonse aba”, “Dodili” e “Kusimama” (Jim Papoulis). Xa na parte final do concertos ambos coros cantaban “Ipharadisi” (tradicional africana). E xa nos bises, os pais dos cativos subíanse tamén ao escenario para acompañalos nunha derradeira canción.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button