EconomíaEconomíaÚltima hora

Experencias técnicas e vivencias, nas exitosas Xornadas Abertas Agroforestais en Montederramo

Estaban organizadas polo Obradoiro de Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas AGAR 0208 en colaboración cos Concellos de Castro Caldelas, A Teixeira e Montederramo

 

Sesións teóricas, pero tamén obradoiros e moitas visitas e saídas prácticas. Cun notable éxito desenvolvíanse do 24 ao 27 de maio as Xornadas Abertas Agroforestais no claustro do Mosteiro de Santa María de Montederramo. Nelas abordábanse unha gran varidade de temáticas, dende as repoboacións forestais e a permacultura, ata o cultivo dos castiñeiros e a horticultura, a gobernanza nas comunidades de montes, a viticultura ecolóxica, a xestión multifuncional dunha comunidade de montes, lexislación forestal ou prevención e extinción de incendios forestais…

Numerosas persoas, algunhas delas membros de obradoiros doutros concellos, seguían este completo programa que  que ademais de ponencias e mesas redondas incluía visitas a un horto xardín en Cristosende (A Teixeira) ou ao Muíño de Antolín en Montederramo, así como un taller práctico sobre plantas silvestres comestibles e outro sobre prevención e extinción de incendios forestais con manexo de material de extinción.

Estas xornadas foron organizadas polo Obradoiro de Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas AGAR 0208 en colaboración cos Concellos de Castro Caldelas, A Teixeira e Montederramo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button