Unha proposta que ía máis alá da pantalla desenvolvíase na tarde do 31 de agosto no Auditorio de Verín, no marco do FIC Vía XIV. Tratábase dunha experiencia gastronómica gourmet da man de Begoña Vázquez, así como da Denominación de Orixe Monterrei.
Begoña Vázquez, gañadora do premio Cociñeiro Galego do Ano 2024 e a primeira muller en conseguilo, guiaba as persoas asistentes nesta experiencia culinaria para que puideran descubrir e desfrutar da riqueza gastronómica da contorna de Verín a través dunha cata xunto co director técnico da Denominación de Orixe Monterrei, Luis Miguel López. Ademais, había unha maridaxe con produtos locais selectos.
Podía degustarse un viño branco e un viño branco sometido a un proceso de envellecemento en barrica, así como un viño tinto e un viño tinto barrica.
Fotos: FIC Vía XIV de Verín.