ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

Extinguido o incendio de Meiraos (Folgoso do Courel), que afectou a 299 hectáreas

Imaxe do incendio de Meiraos (Folgoso do Courel)./ Foto: Brigada de Marroxo.

 

Ás 18:30h. deste venres 2 de abril quedaba extinguido o lume rexistrado na parroquia de Meiraos, no concello lugués de Folgoso do Courel e que se iniciaba ás 23:43 h. do mércores.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 299,85 hectáreas, das cales 105 foron arboradas e 194,85 de monte raso. No lugar traballaron 1 técnico, 11 axentes, 27 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 4 avións, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button