Extinguido o incendio de Rubiais (Viana do Bolo) ás 22:43 horas de onte. Segundo datos da Consellería de Medio Rural, o lume afectou a unha superficie de 50 hectáreas, das cales 47 corresponden a monte raso e as 3 restantes son de arborado.
Para a súa extinción mobilizáronse un total de 6 axentes, 21 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.
Pradorramisquedo
Segue activo o incendio na parroquia de Pradorramisquedo, no mesmo Concello de Viana do Bolo. Este lume comezou na mañá do luns e, segundo as últimas estimacións, afecta provisionalmente unhas 200 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 13 axentes, 36 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.