ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

Extinguido o incendio forestal de Folgoso do Courel tras queimar 185 hectáreas

 

Ás 16:43 h. desta tarde quedaba extiguido o lume rexistrado no concello lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima, e que se iniciaba ás 4,50 h. da madrugada do pasado sábado.

Segundo as últimas medicións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afectou unha superficie de 185 hectáreas. Delas, 145 ha son rasas e 40 arboradas. Para o control deste incendio mobilizáronse en total 1 técnico, 15 axentes, 47 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 9 avións e 2 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button