ConcellosRubiáÚltima hora

Extinguido o incendo forestal de Rubiá, que afectou a 205 hectáreas

Un dos medios aéreos que traballaron no incendio de Rubiá./ Foto cedida.

 

O incendio forestal rexistrado na parroquia de Rubiá, quedaba extinguido ás 20:07 h. desta tarde, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

O lume orixinárase ás 18,06 h. do pasado xoves e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 205 hectáreas. Delas, 190 son arboradas e o resto de monte raso. No seu control participaron en total 4 técnicos, 19 axentes, 43 brigadas, 20 motobombas, 3 pas, 9 avións e 10 helicópteros.

Tras os pertinentes traballos de comprobación sobre o terreo, a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) creada nesta campaña pola Xunta puido establecer que a presunta causa do lume foi unha cabicha mal apagada. Neste senso, estase a traballar na investigación completa conxuntamente co Servizo de protección da natureza (Seprona) da Garda Civil de Ourense para que verifiquen a procedencia dese elemento mediante proba de ADN, continuando así coas dilixencias oportunas.

Artigos relacionados

Back to top button