CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Falece a ourensá Aida Menéndez, presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra

Aida Menéndez./ Foto: Carlos G. Hervella.

A profesora e psicopedagoga Aida Menéndez Lorenzo, coñecida por ser unha das impulsoras do Camiño de Inverno a Santiago, falecía na xornada de onte, 13 de xullo. Natural de San Lorenzo de Piñor (Barbadás), levaba residindo en Monforte de Lemos dende 1975.

Ademais foi concelleira de Asuntos Sociais, Culturae Educación do Concello de Monforte de Lemos, entre 1995-2003 e dende 1999 presidía a Asociación cultural: “Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra”. Tamén foi membro integrante do Grupo musical (Música Tradicional): Xograres de Lemos, dende o 2015.

Dende o Concello de Monforte de Lemos vén de emitirse un comunicado de prensa para amosar as condolencias polo falecemento de Aida Menéndez Lorenzo. “Queremos mostrar o noso agradecemento pola súa dedicación como Concelleira de Cultura dende o ano 1996 ao 2003, e sobre todo polo traballo levado a cabo como presidenta da Asociación do Camiño de inverno a Santiago de Compostela. Moitas gracias Aida. Descansa en paz”.

Artigos relacionados

Back to top button