ConcellosÚltima hora

Falece Aureliano Fernández, socio fundador de Cupa Group

Aureliano Fernández.

 

Esta mañá falecía en Ponferrada Aureliano Fernández en Ponferrada, socio fundador de Cupa Group. Tiña 91 anos. Nacido en San Pedro de Trones (León), no seo dunha familia de 10 irmáns, tomou aos 20 anos as rendas da explotación de lousa herdada do seu avó e situada na súa localidade natal. En 1968 fundou xunto a catro empresarios Cupire Padesa, hoxe Cupa Group.

Pioneiro na industria da lousa en España, Aureliano Fernández dedicou gran parte da súa vida ao mundo empresarial e á produción de lousa, convertendo ao longo de varias décadas unha pequena empresa local nunha multinacional que conta na actualidade con 68 filiais en 9 países do mundo e máis de 2.300 traballadores.

Durante a súa traxectoria, exerceu a presidencia da Federación Leonesa de Empresarios (Fele) e a do Círculo Empresarial Leonés (CEL), do que foi nomeado posteriormente presidente de honra.

En 1997, a Federación Leonesa de Empresarios (Fele) outorgoulle a distinción de “Empresario leonés do ano” e a Confederación de Organizacións Empresariais de Castela e León ( Cecale) a de “ Cecale de Ouro”. En 2014 a Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) concedeulle o premio ao “Recoñecemento á Traxectoria Profesional”.

En 2016 abandonou o consello de administración de Cupa Group –do que hoxe día o seu fillo Javier Fernández é conselleiro delegado–, tras unha vida profesional dedicada a impulsar a economía e o emprego alí onde as empresas que dirixía desenvolveron a súa actividade, especialmente nas comarcas do Bierzo e Valdeorras.

O velatorio celebrarse esta fin de semana en Ponferrada na más estrita intimidade familiar.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button