OurenseÚltima hora

Falece o condutor dun tractor no concello ourensán de San Amaro

 

Pasadas as 17 horas deste martes, o 112 Galicia recibía a chamada dunha persoa que pedía asistencia urxente para un home que sospeitaban caera dun tractor en Grixoa, San Amaro (Ourense).

“Efectivamente, segundo confirmaron os axentes da Garda Civil, a persoa circulaba no remolque dun tractor cando, a causa dun fochanca, cae e bate contra a calzada. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por salvarlle a vida”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button