ConcellosÚltima hora

Falece o vilamartinés José Fernández, ex presidente da Asociación Galega de Pizarristas

José Fernández./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Estivo á fronte do sector da lousa como presidente da Asociación Galega de Pizarras e da Federación Nacional da Pizarra entre finais dos anos 90 e comezos do 2000. E tras xubilarse, o empresario valdeorrés José Fernández Fernández desprazábase á Coruña, onde residía coa súa dona, a profesora Isabel Folla, pero visitaba con frecuencia a súa comarca natal.

José Fernández falecía na Coruña e a súa capela ardente está aberta dende esta tarde no tanatorio Servisa da Coruña. O seu funeral está previsto para o xoves 12 de xaneiro pola mañá e logo será enterrado no cemiterio de Feáns.

Valdeorras chora agora a súa perda, xa que era unha persoa moi coñecida e querida. Ademais da súa faciana empresarial, José Fernández “Pepe” era moi afeccionado á música, e foi membro do Orfeón Valdeorrés. “Foi un home polifacético que destacou, ademais, por ser membro do Orfeón de Valdeorras e a Coral O Eco”, destacan dende o Clúster da Pizarra de Galicia, que expresa o seu pesar polo seu falecemento.

 

Artigos relacionados

Back to top button