
A morte repentina de Isauro Pérez González, de 47 anos, concelleiro e portavoz do PP en Trives, sorprendía no mediodía do 1 de setembro á comarca trivesa. Casado en con dúas fillas, levaba moitos anos no mundo da política e ligado ás siglas do PP.
Foi en varias lexislaturas concelleiro con Luis Álvarez como alcalde.
Nas últimas municipais presentouse encabezando a lista do PP, tras un tempo fóra da vida política municipal. Actualmente era tamén o presidente do PP de Trives.
A súa capela ardente está instalada no Velatorio de Trives. Familia e amigos daranlle o seu último adeus na tarde do 3 de setembro na súa vila, onde se celebrará o seu funeral ás seis da tarde.