ConcellosTrivesÚltima hora

Falece un home en Trives ao caer dende 2 metros de altura mentres recollía mel

 

Un home perdía a vida esta tarde tras caer dende unha altura de dous metros mentres recollía mel no termo municipal ourensán da Pobra de Trives, tal e como informa o 112 Galicia. O suceso producíase nunha leira situada na estrada que vai desde esta localidade ao Barco, ao fío das catro e media. Foi, nese momento, cando o 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular.

“Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado para atender ao varón, aínda que, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida”, segundo o 112 Galicia.

Ademais, para prestar apoio e colaboración ao equipo médico desprazado na aeronave, desde o 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Artigos relacionados

Back to top button