SanidadeÚltima hora

Falece un paciente diagnosticado por Covid no Hospital de Verín

Fachada do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén comunicar o falecemento na xornada do 9 de xaneiro de 4 persoas que foran diagnosticadas por Covid-19 en Galicia, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 87 anos que estaba ingresado no Hospital de Verín.

Ademais perdían a vida en Galicia unha muller de 96 anos no HM Modelo-Belén da Coruña, unha muller de 77 anos e un home de 69 anos, ambos ingresados no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Artigos relacionados

Back to top button