OurenseÚltima hora

Falece unha anciá en Trasmiras tras unha explosión que provocou a caída do teito da súa vivenda

 

 

Dende o 112 Galicia vén de informarse do facelecemento dunha nonaxenaria en Trasmiras, tras unha explosión que provocou a caída do teito da súa vivenda. “Os servizos de emerxencias indicaron que na cociña do domicilio había varias bombonas e unha pota ao lume, e os particulares que alertaron ao 112 Galicia apuntaron ter escoitado un forte estrondo. A persoa falecida quedou baixo os cascotes e foi rescatada polos Bombeiros de Xinzo de Limia”, tal e como sinala o 112 Galicia, que tivo constancia dos feitos a través das chamadas de varios particulares, pasadas as 13:45 horas, que informaban dunha explosión nunha vivenda situada no lugar de Abavides, en Trasmiras (Ourense). Ademais, indicábase que había unha persoa nonaxenaria que non puidera abandonar o interior da vivenda.

Entón, o 112 coordinou “de inmediato a acción dos diferentes servizos de emerxencias: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Xinzo de Limia e a Garda Civil. Tamén acudiría o persoal da empresa subministradora do gas. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia indicaron que a persoa que se atopaba no interior do inmoble estaba falecida, baixo os cascotes. Alí, había un pequeno foco de lume que os Bombeiros extinguiron rapidamente, para a continuación proceder a retirar á persoa”.

Pouco despois, eran precisamente os efectivos dos Bombeiros de Xinzo de Limia os que comunicaban que na cociña atoparan dúas bombonas e unha pota ao lume, dando por finalizada a súa intervención minutos antes das 17 horas.

Artigos relacionados

Back to top button