Unha persoa perdía a vida esta tarde despois de que o tractor que estaba a manexar caese por un desnivel ata un lugar de moi difícil acceso, nunha zona de monte da parroquia de Vences, en Monterrei. “Aínda que os servizos sanitarios desprazaron un helicóptero medicalizado, nada puideron facer por salvarlle a vida”, segundo informa o 112 Galicia.
Tamén foron mobilizados un equipo de rescate dos “Bombeiros de Verín e os axentes da Garda Civil, tras recibir no 112 Galicia a alerta dos feitos ás cinco menos cuarto desta tarde, mediante a chamada dunha testemuña do suceso. Segundo informou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, estaban a talar árbores cando o tractor sufriu a caída. A pesar dos esforzos, os servizos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do operario”, citando ao 112 Galicia.