SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de 8 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Con esta nova morte, son xa 477 as persoas falecidas dende o inicio da pandemia na provincia de Ourense.

Ademais perdían a vida en Galicia outras sete persoas: unha muller de 85 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), un home de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), un home de 78 anos  en Povisa, un home de 93 anos e un home  de 88 anos no CHUVI, unha muller de 69 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e unha muller de 93 anos no HM La Rosaleda de Santiago.

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button