OurenseÚltima hora

Falece unha persoa e 2 resultan feridas nun accidente en San Cibrao das Viñas

 

Unha persoa perdía a vida e dúas resultaron feridas tras producirse un accidente este mediodía entre un camión, un turismo e unha furgoneta en San Cibrao das Viñas. O falecido era o condutor da furgoneta, que tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de San Cibrao, ao igual que os outros dous condutores que, tras ser liberados foron trasladados polos servizos sanitarios de urxencia, tal e como informa o 112 Galicia.

“Sobre as doce e media deste mediodía, unha persoa particular, implicada no accidente, pedía axuda ao 112 Galicia. Indicaba que chocaran contra un camión, na OU-525, punto quilométrico 228-229, en Noalla, no concello de San Cibrao das Viñas e que un compañeiro necesitaba axuda urxente. De inmediato, pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de San Cibrao, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Pereiro de Aguiar e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cibrao. Tamén foron informados os Bombeiros de Ourense. Debido á gravidade do accidente, os servizos sanitarios desprazaron ao lugar o helicóptero con base en Ourense e varias ambulancias”, segundo o 112 Galicia.

Unha vez no punto e tras proceder coas tarefas de excarceración, os bombeiros indicaron que os tres condutores dos vehículos tiveran que ser liberados, un deles, o condutor da furgoneta implicada, resultou falecido. Ademais, indicaron que no vehículo viaxaba outra persoa como copiloto e que tamén resultara ferida, citando novamente ao 112 Galicia, quen sinala que os servizos sanitarios confirmaron o traslado das tres persoas feridas.

Artigos relacionados

Back to top button