OurenseÚltima hora

Falece unha persoa no municipio ourensán de Melón tras sufrir unha picadura de avespa

 

Esta mañá un home falecía tras sufrir unha picadura de avespa no lugar do Coruxal no concello ourensán de Melón. Unha dotación médica a bordo do helicóptero con base en Ourense acudiu ao lugar, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.

O 112 Galicia recibiu información sobre esta intervención ás 10:30 horas desta mañá da parte do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tiñan en marcha o operativo de asistencia, e pedían colaboración para a aterraxe do helicóptero medicalizado.

Así, informouse aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Melón. Finalmente, comunicaron que o home faleceu.

Artigos relacionados

Back to top button