OurenseÚltima hora

Falece unha persoa nun accidente de tráfico en Sandiás

 

Arredor das 12:45h. deste luns rexistrábase un accidente de tráfico no quilómetro 2 da estrada OU-531 en Couso de Limia no municipio ourensán de Sandiás. Colisionaban un turismo e un tractor que circulaba pola vía, segundo a información feita pública polo 112 Galicia, que alertaba de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo de Limia, á Garda Civil de Tráfico, aos voluntarios de Protección Civil de Sandiás e de Xinzo de Limia e aos servizos de mantemento das estradas.

“Xa desde o primeiro momento, apuntábase a posibilidade de que houbese unha persoa atrapada dentro do coche. O seu condutor atopábase no exterior á chegada dos servizos de emerxencias. Ninguén resultou ferido no tractor”, sinala o 112 Galicia.

Os bombeiros procederon a excarcerar á persoa atrapada no vehículo, por cuxa vida nada puideron facer os servizos sanitarios, mentres que o condutor sería trasladado ao centro hospitalario de referencia, citando ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button