ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Falece unha persoa tras sufrir un atropelo en Vilariño de Conso

 

Accidente mortal no concello de Vilariño de Conso. O suceso ocorría minutos despois das oito da tarde de onte venres. A esa hora, un particular poñíase en contacto co 112 Galicia para dar conta dun atropelo na Faceira, neste municipio ourensán.

“Nesta primeira comunicación, o particular advertía de que a persoa que sufrira o atropelo estaba en estado grave, polo que, dende o CIAE – 112 Galicia deuse aviso, de xeito inmediato, aos servizos sanitarios, que desprazaron ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Ademais, tamén se solicitou a intervención da Garda Civil de Tráfico, dos bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Gudiña e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilariño de Conso”, tal e como informa o 112 Galicia.

Sen embargo, finalmente, e malia aos esforzos do persoal sanitario, nada se puido facer por salvarlle a vida a esa persoa, segundo confirma o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button