SanidadeÚltima hora

Falecen 12 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 1 delas en Verín

 

Nas últimas horas falecín en Galicia 12 persoas que foran diagnosticadas con coronavirus, unha delas na provincia de Ourense, tal e como vén de notificar a Consellería de Sanidade. Trátase dunha muller de 104 anos que estaba ingresada na residencia Santa María de Verín e con patoloxías previas.

Ademais perdían a vida unha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, unha muller de 92 anos (procedente da Residencia Modelo de Vigo) e un home de 83 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, unha muller de 88 anos, unha muller de 87 anos e unha muller de 76 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; un home de 93 anos e un home de 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; unha muller de 87 anos no seu domicilio en Pontevedra, un home de 84 anos na residencia San Bartolomeu de Xove e un home de 95 anos na residencia DOMUSVI de Vimianzo. Todos eles tiñan patoloxías previas

“Estes falecidos corresponden tamén ao reconto de fin de semana realizado por Saúde Pública e que hoxe se actualizaron tras comprobar que faleceran por Covid”, explica Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button