SanidadeÚltima hora

Falecen 8 persoas con Covid en Galicia, unha delas unha na provincia

Exterior do Hospital de Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento de oito persoas que foran diganosticadas por coronavirus, unha delas na provincia. Trátase dunha muller de 80 anos, procedente da residencia San Antonio de Beariz, que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que tiña patoloxías previas.

Ademais perdían a vida outras sete persoas: unha muller de 93 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, un home de 70 anos, unha muller de 97 anos (procedente da residencia de Vilaboa) e unha muller de 81 anos (tamén da residencia de Vilaboa) no Complexo Hospitalario de Pontevedra; un home de 74 anos e un home de 93 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e un home de 93 anos (procedente da residencia de Vilalba) no Hospital Universitario Lucus Augusti. Todos presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button