ConcellosÚltima hora

Fegamp e Xunta negocian a continuidade dos GES

O alcalde do Barco e presidente da Fegamp vén de presentar unha proposta consensuada con todos os rexedores galegos con GES sobre a cal se está a traballar para chegar un acordo
Un dos momentos da comisión, celebrada en Santiago.

Na mañá do 26 de setembro celebrábase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela unha xuntanza da Comisión de seguimento dos GES na que participou a Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias), xunto coa Dirección Xeral de Emerxencias, a Dirección Xeral de Administración Local, a Dirección Xeral de Montes e os representantes das catro deputacións galegas. O motivo da reunión era pactar entre todas as administracións con competencias en materia de emerxencias a continuidade dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) xa que o convenio a través do cal se puxeron en marcha remata en decembro de 2018.

O presidente da Fegamp e alcalde do Barco, Alfredo García, presentaba no decurso da comisión a proposta que se elaborou tras unha reunión mantida este verán na sede da federación con todos os rexedores con GES e sobre a cal se está a traballar para chegar a acordo. O financiamento destes grupos e as funcións que deberán realizar foron as principais cuestións a debate.

En canto as funcións dos GES as partes estaban de acordo en que deberán realizar funcións relacionadas con prevención de incendios e emerxencias pero “tentarase afinar na redacción do mesmo para que non haxa lugar a dúbida en canto ás funcións que deberán desenvolver” explicaba o presidente da Fegamp tras a reunión.

Alfredo García especificou tamén que a Comisión dos GES volverá reunirse dentro de 15 días para levar afinada a redacción do convenio e incluír todas aquelas cuestións que se puxeron hoxe enriba da mesa.

Artigos relacionados

Back to top button