EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Fenavin, Prowein e London Wine, próximas citas internacionais da D.O. Ribeira Sacra

Territorio da D.O. Ribeira Sacra./ Foto: CRDO Ribeira Sacra.

 

A D.O. Ribeira Sacra participará en Fenavin, feira de referencia do viño español, que se celebrará do 10 ao 12 de maio en Ciudad Real. Esta denominación de orixe estará presente na caseta da Xunta de Galicia, Pavillón 1, Osiris. Nesta edición do certame contarase, tamén, coas seguintes adegas da D.O. Ribeira Sacra con caseta propia:

  • Adega Ponte da Boga S.L.
  • Alma das Donas S.L.U.
  • Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U. (Bodegas Gallegas)
  • EDV 2015 S.L.U.
  • Dominio do Bibei S.L.U.
  • Moure Fernández, Rubén – Finca Cuarta
  • Regina Viarum S.L. (HGA Bodegas)
  • Ronsel do Sil S.L.

A D.O. Ribeira Sacra estará representada no Túnel do Viño de Galicia que organiza AGACAL, Axencia Galega de Calidade Diferenciada, nesta ocasión cos viños premiados na Cata dos Viños de Galicia, co que estará Prómine Singular de Adegas Petrón como Mellor Tinto de Galicia 2021.

A seguinte cita coa promoción internacional será Prowein, a Feira de Düsseldorf celébrase do 15 ao 17 de maio. Unha oportunidade excelente para promocionar e dar a coñecer os viños da D.O. Ribeira Sacra no mercado internacional, onde cada vez son máis demandados e valorados. Nesta ocasión acudirán máis de 20 adegas desta denominación con máis de 50 referencias

London Wine Fair

Por segunda ocasión, a D.O. Ribeira Sacra acudirá á London Wine Fair e farao con ACRUAGA, Consellos Reguladores do Viño e Augardientes e Licores Tradicionais de Galicia a través do convenio co IGAPE para a promoción internacional dos viños e destilados amparados baixos os selos de calidade diferenciada de Galicia.

Esta será a segunda acción conxunta, despois da desenvolvida este ano en Vinexpo. A London Wine Fair terá lugar entre o 7 e o 9 de xuño e a participación nesta feira contribuirá a consolidar as vendas das adegas da Denominación que xa exportan ao mercado anglosaxón e abre a posibilidade a outras adegas.

Artigos relacionados

Back to top button