Na tarde deste domingo 6 de outubro producíase un accidente de tráfico no centro da Rúa no que resultaba ferida unha persoa tras ser atropelada.
O suceso tiña lugar pasadas as oito na rúa Campogrande, segundo fontes presenciais “á altura do paso de peóns situado na estrada xeral entre O Café e O Melín”. Ata o lugar dos feitos desprazábase protección Civil da Rúa, GES Valdeorras, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061 que trasladaba ao ferido ata o Hospital Público Valdeorras.