Na tarde deste venres 4 de outubro producíase un accidente no Barco de Valdeorras no que se vía implicado un ciclista. Tal como explican dende o 112 Galicia, pasaban das oito da tarde cando un particular que acompañaba ao accidentado informaba de que “o seu amigo, que circulaba en bicicleta pola rúa da Estación, acabou colisionando cun barrote e precisaba asistencia sanitaria”.
Ata o lugar dos feitos desprazábase unha ambulancia do 061, a Policía Local do Barco e o GES Valdeorras.