ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Fermosos tapices engalan a zona vella do Barco para celebrar o Corpus Christi

 

Contra o mediodía deste domingo 2 de xuño os veciños do casco antigo apuraban os últimos detalles das alfombras que dende San Roque (nas proximidades da praza das Eras) ata a igrexa de San Mauro visten de cor esta zona do Barco con motivo da celebración do Corpus Christi. Eran moitas horas de traballo, un labor que comezaba coa preparación dos materiais e que se intensificaba na tarde do sábado co pintado dos deseños e, xa dende a madrugada, coa preparación das alfombras, nas que empregaban diversos materiais como serrín, sal tinguida, diferentes flores, follas e mesmo arroz ou café.

 

 

Numerosas persoas percorrían a zona para ver e fotografar esta manifestación artística xurdida do traballo dos veciños da zona e doutras parte da vila co fin de recibir a procesión do Corpus, que pasaba arredor das doce e media.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button