CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Festa de benvida ao Nadal” con festival de panxoliñas, na igrexa de Santa Rita do Barco

Actuaba a comunidade educativa do Colexio Divina Pastora, os nenos de Catequese e os coros de Rubiá, Santa Rita e San Mauro

 

Coa iluminación exterior da igrexa de Santa Rita no Barco comezaba a partir das seis e media desta tarde de 19 de decembro unha celebración moi especial, que reunía a persoas de todas as idades: a “Festa de benvida ao Nadal”. Despois procedíase á bendición do nacemento, instalado nun dos laterais do templo e acendíase a iluminación interior e todas as luces da igrexa. Posteriomente, o párroco do Barco, Jesús Álvarez, presentaba á pregoeira do Nadal do Barco, a belenista e profesora María Carmen Núñez, quen na sua intervención poñía en valor o significado e simbolismo da representación do nacemento de Xesús.

 

 

E, logo do pregón, dábase paso a un festival de panxoliñas, que abrían os integrantes do Coro parroquial de Rubiá. Despois collían o relevo un grupo de nenos de Cataquese que cantaban e bailaban, cunha orixinal coreografía, “Es Navidad”. Minutos despois era a comunidade educativa do Colexio Divina Pastora a que actuaba. Primeiro cantaban pais, nais e profesores “La mula” e, acto seguido, a eles uníanse o alumnado para entoar “Y dijiste tú” e “La Navidad llegó”.

O festival completábase coas actuacións do Coro Santa Rita coas pezas “Regalos a Jesús” e “Pasodoble de la Navidad” e coa do Coro de San Mauro con “Se ha dormido el niño” e “Chegaron e pé”.

Fotos: A.R.

 

Máis información sobre o pregón de Nadal:

M. Carmen Núñez, pregoeira do Nadal no Barco: “O belén é a expresión de paz e de amor”

 

Artigos relacionados

Back to top button