ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Festa de Nadal no Centro de Día Salgueiral do Barco

 

O Centro de Día Salgueiral do Barco acollía esta tarde unha celebración moi especial. Con motivo das próximas datas do Nadal, organizábase unha festa na que, ademais dos usuarios do centro e do seu persoal, tamén participaban as familias.

 

 

Non faltaban os vilancicos, nin os doces típicos destas datas, nunha tarde de convivencia. “A verdade é que despois de todos estes anos tan duros, queríamos facer unha celebración compartida coas familias e na que, ao mesmo tempo, visen o labor e actividades que fan os seus familiares aquí”, explica Patricia López, responsable do Centro de Día Salgueiral.

Fotos cedidas e vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button