ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Festa dos 80′ e os 90′ esta fin de semana en Viana do Bolo

Imaxe dunha edición anterior da Festa dos Oitenta en Viana do Bolo.

 

Como unha das numerosas actividades que conforman a programación do verán en Viana do Bolo, se presenta a Festa dos 80′ e os 90′ que se celebrará os días 4 e 5 de agosto na praza Maior.

O programa comezará mañá venres en torno ás 21 horas de cañas e música co grupo Soul & Roll e xa de madrugada, versións do anos 80 e 90 con Carta de Ajuste. Con todo, o día central da festa será o sábado. Pola mañá, en torno ás 12:30 horas na zona do Toural haberá sesión vermú con Charlo e xa pola tarde, de novo na praza Maior. Ás 19:30 horas haberá un espectáculo intantil, “A abordaxe pirata” e ás 20:30 horas unha sorpresa dos 80’ aos 90’. Para as 21 horas cañas e música con Chris Morrison e a partir das doce da noite dos 80’ ao futuro con DJ Rafa (Radio Monforte). Ademais durante a tarde e a noite do sábado haberá mercadiño vintage nas inmediacións da praza.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button