CulturaCulturaÚltima hora

Festas patronais de San Román de Acedre (Pantón)

Imaxe de festas en San Román de Acedre (Pantón)./ Cedida.

 

Nesta fin de semana a localidade de San Román de Acedre está a celebrar as súas festas patronais cun programa no que non falta a música nin as propostas gastronómicas.

A celebración iniciábase xa na noite do venres 5 de agosto cunha gran pancetada, acompañada do viño Finc Cuarta. Despois dábase paso a unha verbena animada por Mekánika Rolling Band e polo D.J. Espaevent.

Ao día seguinte, 6 de agosto, pola mañá tiña lugar un pasarrúas do grupo de gaitas Os Teixeiras e ás 13:30h. misa solemne e procesión seguida de sesión vermú. Xa pola noite, volvía a música a partir das 23:00h. con Los Jinetes del Trópico, seguidos polos Gin Toni’s.

Neste domingo 7 de agosto a festa entra xa na súa recta final. Tras a misa e a procesión, ás 13:30h., a festa volverá ás 21h. da man do Dúo Sabor Latino, ademais no descanso da súa actuación farase unha chocolatada.

 

Artigos relacionados

Back to top button