CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Festival de panxoliñas do Orfeón Valdeorrés e dos colexios Divina Pastora, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo

A igrexa barquense de Santa Rita quedábase pequena na tarde do 17 de decembro para acoller a multitude de persoas que asistían ao Festival de Panxoliñas promovido polo Orfeón Valdeorrés (en colaboración coa Parroquia de San Mauro e o Concello do Barco) e por tres centros educativos deste concello.

Os primeiros en actuar eran os alumnos do Colexio Divina Pastora, despois subíanse ao escenario os do CEIP Otero Pedrayo de Viloira e, finalmente, os do CEIP Julio Gurriarán. Cada un destes coros cantaba dúas panxoliñas.

O broche poñíao o Orfeón Valdeorrés que, dirixido por José Ramón Mansilla, interpretaba unha nana e unha “Suite comercial navideña”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button