En portadaÚltima horaVídeos

Fillas de Cassandra e Assia entre e as propostas musicais das Festas do Cristo 2024 do Barco

Celebraranse do 13 ao 16 de setembro con José Prada Muradás como pregoeiro

 

“A pedir de boca”. Así é o programa das Festas do Cristo 2024 do Barco de Valdeorras que se celebrarán do 13 ao 16 de setembro, elaborado “seguindo moitas das peticións feitas polos veciños e veciñas que son os que fan as críticas pero tamén os halagos”, dixo a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta na presentación que tiña lugar na mañá deste martes 23 de xullo, a máis temperá. “Era unha espiniña que tiña porque sempre o presentabamos ás presas e como xa demos coa fórmula para pechalo todo con antelación, non quixemos rematar xullo sen presentalo”.

 

 

Especialmente orgullosa do cartel deste ano, moi colorido e con “todos os ingredientes da festa do Barco no barco”, obra de Kukas “un gran especialista na creación de carteis ademais dos seus monicreques”, Pizcueta explicou que o propio artistas exporá este ano na Sala Abanca. “Por espazo non pode traer o que quería pero de seguro que monta algo moi bonito e especial, adiantando que coma sempre o prato forte será o musical, con catro orquestras “de gran éxito e moi demandadas pola poboación” como son Kubo, Função Públika, Assia e Trebol.

 

 

Con respecto aos concertos, este ano subiranse ao escenario no campo da festa, no Malecón do Barco de Valdeorras, Fillas de Cassandra (14 de setembro) e Gin Toni’s (15 de setembro), de estilos moi variados e ambos de balde.

 

 

O programa arrincará o venres 13 de setembro co pasarrúas do grupo Amanecer  cos cabezudos e Calantornias ata a praza Maior onde terá lugar o pregón de José Prada Muradás (21 horas) seguido do chupinazo e a actuación da orquestra Kubo. E a partir de aí sucederase o programa coas actividades tradicionais, dende a procesión do Cristo o sábado 14 de setembro ás 12 horas, o tren turístico ou concertos de bandas de música, ata a Festa das Pandillas o domingo día 15 na praia fluvial do Malecón a partir das 12:30 horas coa actuación da charanga Union Phenosa; sen esquecer os Fogos Artificiais sobre o río Sil o Día do Cristo, monicreques, pasarrúas e citas deportivas de referencia como o Madrugón, a Milla Urbana ou o Descenso do Sil, entre outras.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button