OurenseÚltima hora

Finalizan os traballos de mellora da capacidade hidráulica do río Viñao no Irixo

O presidente da CHMS, acompañado dun membro da corporación municipal, supervisaron o resultado final desta actuación cun investimento duns 20.000 euros

Publicidade

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) mellora a capacidade hidráulica do río Viñao ao seu paso polo municipio ourensán do Irixo. As actuacións executadas en máis de 2,4 km de leito melloran o funcionamento natural do río, amortecendo o efecto dos procesos hidrolóxicos, aumentando a súa heteroxeneidade e grao de naturalidade.

Os traballos consistiron na retirada dos restos de madeira e árbores inclinados sobre dominio público hidráulico e zona de servidume, que provocaban taponamentos no leito. A retirada dos acarreos e sedimentos acumulados no leito, nun tramo de aproximadamente 65 metros e no corte e retirada dos perfís metálicos que se localizaban en dominio público hidráulico.

Esta mañá o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, acompañado por un membro da corporación municipal, supervisaron o resultado final dos traballos nos que o Organismo de conca investiu máis de 20.000 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button