Eleccións Xerais 2023PolíticaÚltima hora

Formoso anuncia unha campaña socialista do 23X con “ilusión e forza para mobilizar o voto útil”

O secretario xeral dos socialistas galegos interviña na convención na que participaron tódolos candidatos socialistas ao Congreso e Senado nas próximas eleccións

 

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, anunciaba esta mañá unha campaña electoral centrada na “ilusión e forza” dos socialistas, encamiñada a mobilizar o voto útil para impedir a regresión nas conquistas sociais. Así o dixo na Convención de candidatos e candidatas socialistas ás eleccións do 23X, hoxe en Santiago, na que advertiu que “non queremos volver a España en branco e negro de 50 anos atrás”.

O responsable socialista sinalou que “necesitamos o amplo apoio da sociedade galega para frear a chegada da dereita e da extrema dereita” e a súa folla de ruta para “reverter os avances sociais”. Reivindicou o apoio ao PSOE, que “se parece á mellor España e á mellor Galicia”, e que abandeira os avances sociais, como demostrou nos momentos difíciles da pandemia e da Guerra de Ucraína.

Ademais anunciaba unha “campaña pedagóxica” dirixida a “mirarlle á faciana aos galegos e ás galegas” para que reflexionen sobre o goberno que queren “para as súas familias” e alertaba fronte á opción que representan a dereita e a extrema dereita. Dicía que nos próximos comicios a alternativa xogarase entre o programa regresivo de PP e Vox, que queren “pensións non garantidas, reformas laborais regresivas, con millóns de traballadores e traballadoras máis desprotexidas”, ou á opción do PSOE, centrados no progreso social e a “defensa dos dereitos de todos e de todas”.

Advertiu que tanto Feijóo en España como Rueda en Galicia queren “chegar ao poder de calquera maneira posible, mesmo poñendo en risco os avances sociais do país”. Puntualizou que “o PSOE non o vai permitir”, porque “non queremos un consello de ministros no que estea a extrema dereita”, que queren “paralizar os dereitos sociais e laborais, a cultura máis casposa e prohibir a diversidade lingüística e cultural”.

Artigos relacionados

Back to top button