ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Froxán (Folgoso do Courel) festexa e saborea a pisa da castaña seca

Numerosas persoas dábanse cita nesta edición, ao pé do sequeiro do Campo, na que a pregoeira era a cantante Rosa Cedrón

 

Dende o sequeiro ata case a degustación. O ciclo completo do pisado da castaña seca revivíase nesta xornada do 8 de decembro en Froxán (Folgoso do Courel) nunha festa que cumpre xa dezaoito edicións. Multitude de persoa congregábanse nesta aldea lucense para desfrutar dunha xornada adicada á tradición e á gastronomía.

O programa da Festa da Pisa da Castaña, que promove a Asociación Fonte do Milagro, comezaba ás 11:30h. do co acendido do sequeiro. Pouco despois amosábase o proceso de secado e logo comezaban as exhibicións de pisado sobre o cepo e, a continuación, de abandoxado, no que se separa a castaña das peles que a rodean. Mentres tanto soaban as melodías tradicionais dun grupo de gaitas e podía visitarse a mostra de artesanía situada nas inmediacións, cunha ampla oferta de produtos gastronómicos e tamén de obxectos artesáns.

 

 

Arredor das 13:30h. comezaba o pregón, a cargo nesta ocasión da cantante Rosa Cedrón. Ademais no decurso da festa presentábase os libros“Animais fantásticos de aldea” de Andrea García Martínez e “Galicia latente”.

 

 

A partir de aí dábase paso ao xantar do pisador, que enchía as mesas do recinto e tamén os arredores. Consistía nun delicioso menú a base de castañas cocidas, panceta e chourizo, xunto cun saboroso doce de castañas. A festa continuaba pola tarde con novas demostracións de pisado e abandoxado.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button