Dobre recoñecemento para o grupo valdeorrés Gargallada Teatro no III Certame de Teatro Concello de Lourenzá pola representación da obra “Fuga”, que aborda a temática corrupción en clave de humor. Esta representación recibía o premio á mellor obra e ademais Manuel Caramés recollía tamén o premio ao mellor actor de reparto.
A gala de entrega de premios tiña lugar na tarde do pasado sábado 14 de decembro.
Foto cedida.