ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVilariño de Conso

Función de monicreques para reflexionar sobre a igualdade en Vilariño de Conso

Os nenos do PAI e do CEIP San Martiño asistían ao espectáculo "Cousas da casa" de Mircromina Títeres

 

Achegar aos máis pequenos a través dos monicreques a aqueles conceptos que permiten reflexionar sobre a igualdade entre homes e mulleres en diferentes ámbitos e tamén sobre a conciliación. Este é o obxectivo da función teatral infantil “Cousas da casa”, da compañía Mircromina Títeres, que vén de representarse esta mañá no PAI (Punto de Atención á Infancia) de Vilariño de Conso e no CEIP San Martiño desta mesma localidade.

 

 

Este espectáculo, promovido dende o Concello de Vilariño de Conso, enmárcase nos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller neste municipio.

Fotos cedidas polo PAI de Vilariño de Conso.

Artigos relacionados

Back to top button