En portadaÚltima hora

Galicia dispón dun sistema múltiple para detectar as novas variantes do virus do Covid-19

Baséase nos estudos de vixilancia epidemiolóxica a través de PCR específica, nunha importante secuenciación completa xenética do virus, segundo sinala a directora xeral de Saúde Pública

A directora xeral de Saúde Pública, no Parlamento.

 

Galicia dispón de técnicas PCR para a determinación indirecta das novas variantes e de capacidade de secuenciación xenómica. Así o sinalaba esta mañá no Parlamento de Galicia a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo.

Destacou, tamén, a actividade realizada no marco do rexistro de viaxeiros da Xunta de Galicia que, en función da incidencia acumulada do país ou da comunidade de orixe, se realizan distintas abordaxes epidemiolóxicas, incluída a realización de PCR naqueles viaxeiros procedentes de determinados zonas de alta incidencia.

Igualmente, incidiu Carmen Durán, na detección precoz de casos asintomáticos para o seu illamento e posterior estudo e corentena dos contactos. Así, Galicia intensificou os cribados tanto poboacionais como a procura activa de casos, sumando todos os recursos diagnósticos ao seu alcance, e, tamén, sumando aos centros hospitalarios e de atención primaria, ou a detección nas oficinas de farmacia. Así, conseguiu estar entre as comunidades autónomas que maior número de probas realiza.

Tamén sinalou a representante do departamento sanitario galego que estase a traballar nun plan de secuenciación másiva que incremente, a máis do dobre, a capacidade de secuenciación.

En conclusión, dixo a directora xeral, Galicia conta cun sistema múltiple para a detección das novas variantes do virus que se basea nos estudos de vixilancia epidemiolóxica a través de PCR específica, nunha importante secuenciación completa xenética do virus, sistemas de detección precoz de casos, e un plan adaptado da evolución desta pandemia no que se contempla o incremento da capacidade de secuenciación.

Artigos relacionados

Back to top button