SanidadeÚltima hora

O valdeorrés Luca, primeiro bebé da provincia en ser vacinado do virus respitorario sincitial

Luca no colo da súa mai, no Hospital Público de Valdeorras./ Cedida.

 

O primeiro meniño da provincia en recibir a vacina contra o virus respitatorio sincitial (VRS) era Luca, no Hospital Público de Valdeorras, no Barco. Neste luns comezaba nos tres hospitais públicos da provincia a primeira campaña de inmunización este virus en bebés, no marco do novo “Calendario de inmunización ao longo de toda a vida” e a dos máis de 6.000 maiores, que viven en residencias, da Gripe e da Covid, esta última por vez primeira incluída xa no calendario estacional.

O VRS é un virus moi frecuente, en nenos e adultos, que infecta os pulmóns e o aparello respiratorio, causando síntomas parecidos aos dun arrefriado. Na maioría das ocasións son episodios banais, pero nos bebés, prematuros ou nenos cun sistema inmunitario debilitado, pode causar unha infección grave, que deriva en pneumonía e bronquiolite. Na actualidade, os virus sincitiais son a causa máis frecuente de ingreso hospitalario dos lactantes, ou dos nenos máis pequenos.

Para protexer aos máis cativos fronte ao VRS empregarase “Nirsevimab”, que por tratarse dun anticorpo consegue unha resposta rápida e directa fronte a enfermidade grave por VRS.

Artigos relacionados

Back to top button