En portadaSanidadeÚltima hora

A AECC sae á rúa coa súa tradicional cuestación no Barco e noutros puntos da provincia

O tradicional peditorio da Asociación celébrase o 11 de maio en toda España e pretende conseguir fondos para a investigación en cancro

 

Está considerado o problema sociosanitario máis importante do mundo: 1 de cada 2 homes e 1 de cada 3 mulleres terá cancro ao longo da súa vida. En España hai un diagnóstico de cancro cada 2 minutos e calcúlase que para o 2030 haberá máis de 330.000 casos novos. Actualmente, grazas á investigación, a taxa de supervivencia en homes é do 55,3% e en mulleres do 61,7%. O obxectivo é superar o 70% no ano 2030 unidos a “Todos Contra o Cancro“.

Para iso, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) volve saír á rúa este 11 de maio, Día de Cuestación, xunto a pacientes, persoas voluntarias, socios e todos os que apoiaron á organización desde os seus inicios, para despregar a súa bandeira e pedir a colaboración de toda a sociedade para impulsar a investigación en cancro e superar o 70% de supervivencia.

A tradicional cuestación, que se celebra o segundo xoves de maio de cada ano, contará con máis de 3.000 mesas repartidas en toda España e con preto de 8.000 persoas voluntarias para que toda a sociedade poida participar na causa achegando os seus donativos e unirse así á iniciativa “Todos Contra o Cancro”.

Entre esas mesas están as dúas instaladas no Barco: unha no Hospital Público de Valdeorras e outra na praza do Concello do Barco. Ademais as voluntarias da asociación percorrían a vila pedindo tamén a colaboración dos veciños.

“Esta é unha campaña moi importante para a AECC. Nesta mesa contamos presenza do director do Distrito de Valdeoras, Alberto Pedrera, co oncólogo e coa xefa de enfermería apoiando este día coa intención de recadar fondos e seguir investindo en investigación e noutros servizos necesarios. O obxectivo é acadar para o 2030 o 70% de supervivencia, e iso conséguese sobre todo a través de seguir investindo fondos na investigación”, dicía a psicóloga da AECC de Valdeorras, xunto á mesa situada no Hospital de Valdeorras.

Ademais, animaba a colaborar nesta iniciativa. “Pedimos a colaboración da poboación e que doen, hai diferentes formas de facelo, nas urnas das mesas, de bizum, nas direccións das páxinas web, a colaborar e todos contra o cancro, etc.”.

 

 

Unha investigación que avance ao ritmo do reto que supón o cancro en España

Para alcanzar o obxectivo de superar o 70% de supervivencia en cancro é necesario seguir impulsando a investigación oncolóxica e que os pacientes teñan garantido o acceso aos resultados de investigación, favorecendo que todos poidan acceder á medicina e tratamentos máis innovadores. Sobre todo, aqueles tipos de cancro que teñen a supervivencia baixa ou estancada (é dicir, aqueles con unha taxa de supervivencia a 5 anos é inferior ao 30%.).

Grazas ao apoio da sociedade española, a Asociación Española Contra o Cancro leva máis 50 anos impulsando a investigación en cancro, tratando de dar resposta aos grandes retos en cancro do noso país e impulsando o talento de investigadores que hoxe lideran a investigación en cancro dentro e fóra das nosas fronteiras.

Ese impulso tradúcese nun investimento de 104 millóns de euros en 565 axudas de investigación en desenvolvemento, convertendo á Asociación na entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro e máis investigadores apoia.

Ademais, co obxectivo expreso de superar o 70% de supervivencia en 2030, a Asociación Española Contra o Cancro abre unha nova convocatoria de axudas de 10 millóns de euros, “Reto 70% de Supervivencia” para contribuír á investigación daqueles cancros que supoñerá un alto impacto no aumento da supervivencia global do cancro como son os que teñen a supervivencia baixa ou estancada.

En 2022, a Asociación adxudicou 24,5 millóns a 195 novas axudas centradas no paciente co obxectivo de seguir aumentando a supervivencia en cancro e traballar para que todas as persoas poidan acceder aos resultados en investigación.

 

 

A bandeira, símbolo social para superar o 70% de supervivencia

Como xa fixese o ano pasado, a Asociación sae á rúa co apoio de personaxes relevantes de Ourense no mundo do deporte, da ciencia, das redes sociais, de institucións públicas… uníndose así a “Todos Contra o Cancro” co obxectivo de animar á xente para colaborar no Peditorio para lograr o reto de superar o 70% de supervivencia en cancro para o ano 2030.

 

O presidente da AECC en Ourense co delegado da Xunta nunha mesa na cidade das Burgas./ Cedida.

 

En Ourense, a Asociación terá presentes varias mesas de recadación por toda a provincia. Na cidade estará a mesa no barrio da Ponte (esquina de Avd. Caldas e Vicente Risco), en cálea Concordia (esquina con C/ Santo Domingo), no barrio do Couto (en Praza Santo Anxo), na rúa do Paseo (en fronte de Abanca), no CHUO (hall da entrada de Edificio de Cristal), na rúa Xoan XXIII (en fronte de Abanca), en rúa Progreso (á beira de cafetería Niza), na Avenida de Buenos Aires (esquina con Celso Emilio Ferreiro), en Seixalbo, na Valenzá, en Velle, en fronte do Colexio Salesianos, huchas repartidas polos postos da Praza de Abastos…

Tamén estarán repartidas polo resto da provincia, desde o Hospital de Valdeorras, Praza Maior do Barco, no Concello da Rúa, Petín, Xinzo de Limia (13 de maio), Hospital Público de Verín, na Rúa Lisa de Verín. Proximamente en Ribadavia, O Carballiño, Laza, Dacón, Celanova etc.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button