Os Xardíns do Padre Feijóo en Ourense acollían na tarde de xuño o acto aberto de presentación da candidatura pola provincia de Galicia en común ás vindeiras eleccións do 12X, que lidera David Bruzos.
O cabeza de lista sinalaba no acto que “é o momento de recuperar o goberno de Galicia para a cidadanía de Ourense, despois de décadas de políticas do PP que condearon á provincia a un total abandono. É imprescindible atender á situación dramática as Pemes, dos autónomos, de gandeiros e de todos aqueles sectores que sufriron as consecuencias da crise provocada polo Covid-19, ninguén pode quedar atrás”.
Bruzos incidía en que “vivimos nunha provincia cunha abundante riqueza, tanto no tocante a sectores produtivos como a recursos naturais, a recursos humanos, que é necesario poñer en valor para acadar unhas condicións de vida dignas”.
Na presentación tamén interviñan outros membros da lista de Galicia Común: Brais Fidalgo, número 3 da lista, e Victoria María Álvarez, número 2.
Candidatura de Galicia en común pola provincia de Ourense