CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

“A galiña azul” contada de xeito especial por dúas voluntarias da Biblioteca de Verín

Son moitos os contacontos que se realizan ao cabo do ano na Biblioteca Pública do Concello de Verín, pero o da tarde do 23 de xuño era diferente e moi especial. Dúas rapazas voluntarias desta instalación cultural, Noelia Gallego e Inés García, facían unha lectura do texto “A galiña azul” (de Carlos Casares) para Eduardo Carnero, estudante de Dereito, amante da gaita galega, concelleiro no Concello de Cualedro por CxG e que é invidente.

A experiencia resultaba “magnífica e agardamos repetila, e coma dixo Eduardo Carnero, esperando non ser o único“, segundo sinalan dende a Biblioteca de Verín. A idea orixinal deste contacontos era de Flor Ojea, profesora de Eeducación Física e que acompaña a Eduardo Carnero nos cursos de natación nas piscinas climatizadas do Concello de Verín.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín

Artigos relacionados

Back to top button