ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Garda Civil, Policía Local e Protección Civil velan pola seguridade en “La Vuelta”

Preto de 150 voluntarios das distintas AVPC participaron no operativo despregado na etapa 15 da ronda española ao seu paso pola provincia de Ourense

 

Sen incidencias remataba o operativo despregado na xornada deste xoves 5 de novembro con motivo do paso da etapa 15 de La Vuelta 20 pola provincia de Ourense, dende o concello de Padrenda ata o da Mezquita.

Un operativo no que participaron preto de 150 voluntarios das distintas agrupacións de Protección Civil, presentes ao longo de todo o percorrido, xunto aos axentes da Garda Civil e a Policía Local dos Concellos de Celanova, Xinzo de Limia e Verín.

 

Voluntarios das Agrupacións de Protección de Civil de Manzaneda e A Rúa.

 

Os voluntarios presentes nesta etapa da ronda española pertencen ás AVPC de Cortegada; Mancomunidade Terra de Celanova; Concello de Celanova; Concello da Bola; Protección Civil Allariz; Xinzo de Limia; Sarreaus; Concello de Verín; Cualedro-Monterrei; Protección Civil Vilardevós; Concello de Riós; Concello da Gudiña;  Concello da Mezquita; Manzaneda; Maceda; Protección Civil Vilar de Barrio; Emerxencias Os Blancos; Concello de Baltar; Protección Civil A Rúa; Baños de Molgas; e Concello de Porqueira.

En cada municipio estaban os voluntarios da agrupación dese concello, excepto os de Manzaneda e A Rúa (por onde non pasou a Volta) que se desprazaron ata Verín para colaborar coa AVPC da vila do Támega, onde o paso dos ciclistas case coincide coa saída dos nenos da escola.

O labor desinteresado de Protección Civil está sempre moi ben valorado e nesta ocasión en concreto, o delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén, agradecía o traballo desenvolto e a dispoñibilidade no evento e en xeral “a todas e cada unha das agrupacións da provincia polo gran labor atruísta que levan a cabo durante todo o ano”. O agradecemento era trasladado ás AVPC polo presidente da Asociación Provincial de Agrupacións da Provincia de Ourense, Clemente Pérez.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos da etapa nos seguintes enlaces: https://osil.info/verin-sae-a-rua-para-ver-o-paso-da-volta-a-espana-2020/

https://osil.info/a-etapa-15-da-volta-a-espana-2020-ao-seu-paso-polos-concellos-de-verin-e-a-gudina/

Artigos relacionados

Back to top button