CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Gargallada enche o Teatro Lauro Olmo do Barco na estrea de “O xogo de Versalles”

Está prevista outra función desta mesma obra, con dirección de Tito Asorey e Manuel Caramés, o vindeiro 15 de xuño neste mesmo escenario

Corte de Francia a mediados do século XVII. O Rei Sol reclama a presenza do dramaturgo Molière para representar “Medea” nas festas de Versalles. A partir de aí comezan os ensaios dunha esperpéntica traxedia no decurso dos cales se vai desvelando un xogo de intrigas, enredos, segredos, miserias e loitas pola supervivencia neste entorno palaciego.

“O xogo de Versalles” é a nova obra de Gargallada Teatro, cuxa estrea tiña lugar na tarde do 8 de xuño nun Teatro Lauro Olmo abarrotado de espectadores. Esta peza, con dirección de Tito Asorey e Manuel Caramés, presenta a catro personaxes nunha intrincada comedia:  Jean Baptiste Lully (Lalo Santos), Jean Baptiste Poquelín “Molière” (Manuel González), a raíña María Teresa de Austria (Reyes Limia) e Mademoiselle de la Valière (Aurora Fernández).

“O xogo de Versalles” é unha versión libre de “El idiota de Versalles” de Chema Cardeña, con música orixinal de J.B. Lully, vestiario e maquillaxe de Mayayo e con iluminación e son de Ton&Son.

Tras a estrea, está prevista unha nova función no mesmo escenario do Teatro Lauro Olmo o vindeiro venres 15 de xuño.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button