CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Gisela, a voz de Disney en España, actuará o 21 de maio en Verín

Imaxe cedida polo Concello de Verín.

 

O vindeiro sábado 21 de maio, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a actuación de Gisela, a voz de Disney en España. Chega a “Verín Gisela Concert Kids”, un espectáculo musical para toda a familia onde a artista, un fada máxica, carismática e con voz anxelical, introduciranos nun fantástico e apaixonada viaxe de moitas aventuras Disney.

Os asistentes mergullaranse de cheo nos contos e cancións infantís que marcaron a infancia de varias xeracións tales como: “Sueña” (El Jorobado de Notredame), “Parte de él” (La Sirenita), “Ha Nacido una Estrella” (Hercules), “Aquella estrella de allá” (Peter Pan), “Bella y Bestia”, “Colores al viento” (Pocahontas), etc…

Ademais, Gisela non virá soa. Chega acompañada dunha posta en escena espectacular, vestiarios animados, personaxes moi pero que moi coñecidos, decorados, e moitas máis cousas que conectasen aos espectadores de principio a fin co show durante máis dunha hora de duración.

As entradas xa están dispoñibles en ataquilla por 10 euros.

Artigos relacionados

Back to top button