OurenseÚltima hora

Gomesende rexistraba dous tremores de terra esta madrugada

Fonte: Instituto Xeográfico Nacional.

 

O Instituto Xeográfico Nacional vén de rexistrar, esta madrugada, dous movementos sísmicos de magnitudes 3,3 e 3,4 con epicentro en Gomesende. Este feito prodúcese apenas 5 días despois do tremor de magnitude 3,2 que tiña lugar o pasado 12 de agosto.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia indícase non se recibiron chamadas que alertasen dos terremotos.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os tremores tiveron lugar ás 05:31 e 05:33 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button