EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Gran acollida dos viños da D.O Ribeiro no evento Vidivinos Zaragoza

 

O martes celebrábase este evento no hotel Vincci Zaragoza Zentro en horario de 12h. a 15h. e de 17  a 21 horas. Unha acción que estivo enfocada a profesionais do sector vinícola, como distribuidores, hostaleiros, restauración, medios de comunicación, catadoras, catadores, así como amantes do mundo do viño da capital aragonesa, que, cun total de 694.109 persoas erixiuse recentemente como a cuarta cidade máis poboada de España, superando a Sevilla e seguindo a Madrid, Barcelona e Valencia.

Cumpriuse co principal obxectivo da participación neste acto, que é “promocionar e reforzar a marca

D.O. Ribeiro fóra de Galicia, presentando a todos os profesionais que se achegaron ao caseta viños singulares, finos e elegantes, con marcada personalidade e diversidade, así como o coñecemento das súas variedades autóctonas, como Treixadura, Albariño, Godello, Lado, Torrontés…”, indican dende a D.O.

As adegas participantes no túnel da D.O. Ribeiro, que buscan afianzar e incrementar a súa presenza comercial en Zaragoza, son Adegas GRM, Adegas Casal de Armán, Adegas Cunqueiro, Pablo Vidal Viños con Personalidade e Pateiro Viños de Garda

Juan Manuel Casares Gándara, presidente do C.R.D.O. Ribeiro, tras a primeira vez que se participa nesta cidade, comenta que “achegamos un bo número de viños en cata vertical a máis de 70 profesionais zaragozanos, desde un 2020 ata a colleita máis recente, a 2022, monovarietais e plurivarietais elaborados con variedades autóctonas. Os profesionais puideron gozar de primeira man do bo saber facer e da forma de sentir que caracteriza a nosa vitivinicultura na D.O. Ribeiro.”

Deste xeito o CRDO Ribeiro continúa a súa misión, participando en actividades baseadas no desenvolvemento de negocio das adegas nas zonas máis importantes de consumo nacionais, mantendo a cota no seu mercado vocacional, Galicia, e abrindo e reforzando mercados na nivel nacional e internacional.

Trátase de eventos realizados para dar difusión do viño ao longo e ancho da xeografía española, especialmente enfocados ao canle HORECA. O seu obxectivo fundamental é xerar encontros entre adegas e profesionais da hostalería, restauración e tendas especializadas como canle fundamental para que se poidan dar a coñecer os viños ao público final.

Artigos relacionados

Back to top button