CulturaCulturaÚltima hora

Gran acollida na estrea da nova obra de Gargallada Teatro en Vigo

"Un desastre de función", dirixida por César Goldi e Manuel Caramés, supón a volta aos escenarios desta compañía valdeorresa tras a paréntese da pandemia

Unha das escenas da nova obra de Gargallada, durante a súa estrea en Vigo./ Foto: Gargallada Teatro.

 

Con moita ilusión e unha gran acollida, a compañía valdeorresa Gargallada Teatro estreaba na tarde de onte no Auditorio da Asociación Cultural Valladares de Vigo a súa nova obra “Un desastre de función”. Unha estrea que supoñía  á súa volta aos escenarios tras unha longa paréntese como consecuencia da pandemia do Covid e na que, ademais, daban un novo paso ao apostar por unha peza de perfil dramático, cun texto tomado dun clásico da novela negra inglesa.

Dende Gargallada Teatro amosan a súa satisfacción pola estrea e pola receptividade que tivo a función. “Quedamos moi satisfeitos ao ver que a obra funciona de cara ao público. Foi moi ben acollida”, resaltan.

Esta montaxe, con dirección César Goldi e Manuel Caramés, conta como o inspector Carter debe resolver o misterioso asasinato de Charles Haversham durante a súa festa de compromiso con Florence Colleymoore. “Un desastre de función” está interpretada por Álvaro Baños, Manuel González, Reyes Limia, Lalo Santos, Carmen Hernández, Aurora Fernández e Manuel Caramés.

 

Escenografía de “Un desastre de función”, no escenario do Auditorio da Asociación Cultural Valladares./ Foto: Gargallada Teatro.

 

O deseño da escenografía e a cartelería son obra de Luis Enrique Rodríguez “Coquixo” e a carpintería de Raúl Veleda, mentres que do entramado téxtil ocupouse Conchi “Mayayo” e aos mandos do son e as luces está Vanessa Yáñez (Ton&Son).

 

Artigos relacionados

Back to top button